![]()
BARBANZA >Arousa Norte constituirá unha asociación que aglutine ó sector turístico da comarca.
A Xerente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, Fátima Rodríguez, valorou moi positivamente a xuntanza celebrada o martes pola noite na casa consistorial boiresa xa que o número de participantes aumentou significativamente con respecto á primeira reunión, chegándose á cifra de máis de 30 persoas. Segundo ela a intención de Arousa Norte pasa fundamentalmente por inicia-lo proceso de constitución desta asociación sectorial cunha trintena de socios, aínda que o proceso de adhesión vai seguir aberto para que todos aqueles empresarios do sector turístico que o desexen poidan pasar a formar parte da entidade. Durante a reunión douse un primeiro paso como foi a elección do nome que levará esta asociación: Asociación de Empresarios Turísticos Arousa Norte. Fátima Rodríguez incidiu tamén na importancia desta entidade unha vez constituído como órgano mediador entre as distintas partes e que terá tamén poder de decisión en moitos aspectos. A xerente de Arousa Norte quixo agradecer tamén a axuda que está a prestar na constitución desta entidade a Federación de Empresarios do Barbanza, que lle facilitou os estatutos polos que se rexir. A partir de agora o paso seguinte será concreta-las posibles modificacións a realizar neses estatutos, moitas das cales xa foron abordadas durante a xuntanza. O proceso de constitución desta nova asociación deberá estar rematado antes de finais de ano, nun prazo de un ou dous meses.
Redacción Barbanza







