BARBANZA> O grupo provincial do PP na Deputación da Coruña reclama a posta en marcha dun plan de atención a persoas maiores. Demandan medidas de atención psicolóxica e acompañamento para minimizar a sensación de illamento.
A prórroga do estado de alarma obrigará á poboación a permanecer nos seus domicilios ata despois da Semana Santa como mínimo. Esta situación preocupa ó grupo provincial do PP na Deputación da Coruña, especialmente no que se refire ás persoas maiores posto que a diminución das rutinas cotiás e do contacto social pode alterar o seu estado anímico .
A súa voceira, Rosa Gallego, remitiu unha carta ó presidente da Deputación solicitando a posta en marcha dun plan de atención psicolóxica ós maiores que viven sos. Demandan que se habiliten unha serie de teléfonos nos que atender dúbidas, proporcionar información de utilidade ou simplemente acompañar e tranquilizar ó sector de poboación máis vulnerable.
Reclaman os populares que estes teléfonos sexan atendidos especialistas, psicólogos ou educadores, que axuden ós nosos maiores a permanecer activos e comunicados mentres dure esta situación excepcional.