![]()
POBRA > Os ex-edís socialistas da Pobra están a concretar un acordo co Partido Galeguista para presentarse baixo estas siglas ós vindeiros comicios.
Antonio Moure e Carlos Peleteiro mantiveron recentemente un encontro co Secretario Xeral do Partido Galeguista, Manuel Soto, a petición deste último, que se interesou pola súa situación despois da súa expulsión do Partido Socialista.
Esta non foi a primeira xuntanza e xa se realizaron anteriores encontros que están a piques de pechar un acordo que provocaría a súa presentación nos vindeiros comicios municipais de maio baixo as siglas desta formación política. Segundo Moure esta formación virá a encher un baleiro político existente na actualidade.
Moure comentou que polo de agora non hai nada pechado, aínda que existen moitas posibilidades de acordo. Ademais segundo el non sería complexo facer unha candidatura de garantías na Pobra xa que existen moitas persoas interesadas en ir nas listas.
Pola súa banda Carlos Peleteiro aludiu tamén ó interesante proxecto desta formación política xa que nela respéctase a autonomía dos concelleiros.
Redacción Barbanza









