O executivo boirense agarda poder trasladar o mercadiño antes de finais de ano

BOIRO> O mercadiño ambulante deixará o seu actual emprazamento, na avenida de Avellaneda, e pasará a realizarse na avenida da Constitución. Con esta medida, que podería facerse efectivo antes de finais de ano, o goberno local pretende lograr a súa dinamización e recuperar o éxito que tivo no pasado.

O traslado do mercadiño ambulante semanal dos martes dende a Avenida da Constitución á zona de Avellaneda producíase en 2007, hai agora doce anos. Dende aquela veu sufrindo un esmorecemento paulatino, cunha baixa importante de vendedores. Algo que agora o goberno municipal pretende mudar, devolvéndoo novamente ó seu antigo emprazamento, aínda que agora non se instalarán no mesmo tramo desta vía.

O Concello aproveitará ademais este traslado, que pretende facelo efectivo antes de finais de ano, para introducir tamén  importantes cambios a nivel do tráfico. Un deles será a implantación da zona azul en varias zonas do casco urbano.

Outra das medidas que se introducirán será a creación de novas prazas de aparcamento para dar resposta a elevada demanda existente coa eliminación da actual zona de estacionamento para camións reservada no tramo de rúa existente entre a rotonda que vai cara Abanqueiro e a de Cimadevila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí