CATOIRA > A demanda de solo empresarial no polígono de Abalo supera o da oferta. A seis meses aproximadamente de que estean rematadas as obras son máis as empresas que están a solicitar terreo que o dispoñible. Suelo Empresarial del Atlántico recibiu xa a petición formal por parte do alcalde de executar unha ampliación. Polo momento agardarase a que a primeira parte estea en marcha e logo tomarase unha decisión en firme.
Empresarial del Atlántico recibiu xa a petición formal por parte do alcalde de executar unha ampliación. Polo momento agardarase a que a primeira parte estea en marcha e logo tomarase unha decisión en firme. Pola mañá dábanse cita no polígono de Abalo en Catoira o alcalde de Catoira, Alberto García; o presidente da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa, Javier González; o presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Jesús Paz, e mailo xerente da Sociedade Empresarial do Atlántico, Ricardo Romero.
O motivo era o de comprobar o estado e marcha das obras no polígono industrial de Abalo e que estarán previsiblemente rematadas no prazo de seis meses. Todos se amosaron satisfeitos pola evolución das obras e polas expectativas de futuro. As empresas interesadas son máis que o solo dispoñible. Arestora as solicitudes de compra superan os 100 mil metros cadrados e o parque empresarial abrangue algo máis de 91 mil. O alcalde de Catoira fixo xa a petición formal de ampliar o parque e asegurou que o concello conta con terreo cualificado que triplica as dimensións do actual polígono.
De momento a SEA é cauta e prefire agardar a ver como se desenvolve a primeira fase antes de conceder novas ampliacións. A Federación Comarcal de Empresarios de Arousa amosouse satisfeita cos resultados e avogou por superar os localismos expresando o seu desexo de que o polígono se chegue a unir ó de Bamio, a un quilómetro escaso deste. Opinión que comparte a Autoridade Portuaria de Vilagarcía, para quen a creación deste e outros polígonos en Arousa resultan fundamentais para o seu desenvolvemento. Dos 91 mil metros cadrados que abrangue o parque, 55 mil están destinados a solo empresarial divididos en 26 parcelas de entre 1.000 e 1.250 metros cadrados.
Redacción Salnés