O PP muradán reclama a rebaixa do IBI

MUROS> A voceira desta formación, Inés Monteagudo, considera que os actuais tipos impositivos fixados no 0’6% resultan moi gravosos para as economías de moitas familias do municipio. A través dunha moción presentada xa no concello, a voceira do PP muradán, Inés Monteagudo, reclama a modificación do artigo 8 da Ordenanza nº11 do IBI, coa que se pretende rebaixar o tipo impositivo dos bens de natureza urbana do 0,6% actual a un 0,4% ou a un 0,3%, nos bens de natureza rústica, a partir do 1 de xaneiro do ano que vén. Dende as filas populares sinalaron que existe a posibilidade legal de levar a cabo esta rebaixa, considerando que os actuais tipos impositivos, do 0,6 para os bens de natureza urbana e de natureza rústica, resultan moi gravosos para as economías de moitas familias do concello, tendo en conta ademais que se están a aplicar sobre uns valores catastrais actualizados.