Apoio unánime do PP da Illa a Juan José González

    congresoppilla_100_231006.jpgA ILLA >  Juan José González xa é o novo presidente do PP da Illa, logo de ser elixido pola gran maioría dos militantes …

    … que participaron no segundo congreso da formación local. Ó seu carón continúan entre outros, Antonio Otero, Zoila Paz e Alberto Pouso, actuais compañeiros de González no grupo municipal do PP.

    Juan José González recibiu o apoio unánime do PP da Illa no congreso celebrado este sábado. Dos 83 militantes que asistiron a este segundo congreso, só un votou en branco, o resto elixiu a González presidente da agrupación. A nova Xunta Directiva está formada por todos os que estaban na xestora, o que vén a indicar a boa relación interna. Acompañará a González na lista Juana María Suárez como secretaria. Os demais cargos non están aínda decididos, pero repartiranse entre os militantes Antonio Otero, Zoila Paz, Alberto Pouso, Ana Rial, Martín Santiago, Caterina Otero, Antonio Moure, Vanesa Blanco, Diana Ríos e Juan José González, fillo do novo presidente.

    Juan José González estivo arroupado tamén por outros representantes populares da comarca, como o presidente da Mancomunidade do Salnés, Jorge Domínguez, ademais do presidente do PP provincial, Rafael Louzán e do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda. Louzán amosouse convencido de que A Illa conta agora co equipo idóneo para arrebatar a alcaldía ó PSOE.

    Redacción Salnés