Pais e alumnos do colexio de Tremoedo critican o estado do centro

    denunciascolexiotremoedo_100_231006.jpgVILANOVA > A A.P.A. do colexio San Bartolomeu manifestouse nas dependencias do centro escolar en protesta polo estado das instalacións.

    Varios pais e nais de alumnos do colexio de Tremoedo, en Vilanova de Arousa, percorreron as instalacións comprobando as denuncias da directiva da Asociación de Pais. A pesares da chuvia, que caía incesante, os pais percorreron tódalas instalacións recollendo as principais deficiencias que se poden apreciar e que foron denunciadas pola presidenta da A.P.A. noutras ocasións.

    Demandas

    Entre as demandas están a falla de limpeza do patio, o mal estado das pistas deportivas, a falla de instalacións adecuadas para os máis pequenos e a infrautilización das vellas casas dos mestres que están completamente abandoadas e mesmo supoñen un perigo para os nenos. Tódolos pais presentes nesta convocatoria amosáronse moi enfadados pola situación do centro. Cren que está completamente abandoado e que as súas reivindicacións non supoñen grandes custes para a administración pero son importantes para mante-la escola nunha situación mínima de habitabilidade.

    Os pais aseguraron estar moi descontentos co estado do centro e anunciaron que irán a onde faga falla para que se escoiten as súas reivindicacións e se poña solución ós principais problemas que ten o colexio de Tremoedo.

    Redacción Salnés