![]()
CAMBADOS> A oposición non apoia o orzamento presentado no pleno de onte á noite polo goberno municipal, que ascende a 8,6 millóns de euros.
{flowplayer}images/salnes/pleno_orzamento_cambados_210410.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> A oposición de Cambados non apoia o orzamento presentado no pleno de onte á noite polo goberno municipal, que ascende a 8,6 millóns de euros.
Os nacionalistas critican que non recolla os investimentos previstos do Goberno central e da Deputación. Para o BNG, o PP presentoulles un documento en precario para saír do paso. Cren que a crise lle puxo sentido común ó gasto e propuxeron varias opcións para reducir este capítulo en medio millón de euros.
O PSOE considera que o presuposto está coxo. Botan en falta tamén os investimentos do Plan E, pero tamén unha partida para facer fronte ós pagos pendentes a acredores, que os socialistas cifran en máis de 200 mil euros. Criticaron ademais que non se recollan medidas para impulsar a economía cambadesa e o pequeno comercio.
O orzamento de 2010 redúcese nun millón de euros con respecto ó ano pasado. O PP insiste en que se trata dun presuposto austero que pretende axustar os gastos neste momento de crise e afirma que a situación financeira do concello é moi saudable.
O Concello repartirá os recursos para atender servizos sociais como o de Axuda no Fogar; para actividades e instalacións deportivas, e para equipamentos educativos, destacando os 140 mil euros da gardería infantil. No capítulo de eventos e festas resaltan os 275 mil euros que se destinarán á Festa do Albariño. En canto ós ingresos, recadaranse algo máis de 3 millóns de euros por impostos, taxas, licencias urbanísticas ou multas.
Redacción Salnés








