A Comisión de Festa de Corón agarda a asistencia de máis de 500 persoas na VI Festa da Paella

VILANOVA> A comisión de Festa de San Pedro de Corón agarda a máis de 500 persoas para a VI Festa Gastronómica da Paella en Vilanova. O obxectivo é recadar fondos para as festas de Corón. O evento terá lugar o próximo domingo a partir das 2 da tarde no Pazo de Vista Real.

A Comisión de Festas de San Pedro de Corón organizará o próximo domingo a VI Festa Gastronómica da Paella. O evento terá lugar no Pazo de Vista Real en Vilanova. Ademais do produto estrela haberá máis pratos e diferentes actividades para amenizar a xornada.

A comisión ten preparados varios quilos de comida para servir a máis de 500 persoas. Dende o concello colaboran con esta festa e agardan chegar a cifra de 600 pratos de paella.

O obxectivo do evento gastronómico é recadar fondos para a festa de San Pedro de Corón que se celebrará do 28 ao 29 de xuño.

A festa gastronómica comezará a partir das 2 da tarde e non se prevé a súa finalización ata as 10 da noite.