![]()
GALICIA > Pero a anuncio de axudas ás mariscadoras por parte da Xunta non é suficiente para o Partido Popular. O PP de Galicia asegura que se trata todo dunha cortina de fume e que Pesca oculta un decreto que obriga ó Goberno autonómico a aboar axudas inmediatas ós mariscadores prexudicados polas riadas provocadas polos incendios.
Os populares aseguran que o anterior executivo adoptara esta medida despois do Prestige para conceder axudas automaticamente logo dunha contaminación importante. Din que a Xunta está obrigada legalmente a activar de inmediato unha liña de axudas ós mariscadores que non poden faenar con independencia das fontes de financiamento ou da procedencia dos fondos. Acusa ó goberno actual de ter retirado este decreto da súa web co fin de que o sector non poida activar esa liña de axudas.
Redacción Salnés








