CAMBADOS> A Festa do Albariño de Cambados xa ten imaxe para este ano. O cartel deseñado polo meisino Pablo Sartal foi a obra gañadora do concurso para escoller a composición que promocione a sesaxésimo sétima edición desta festa. Na convocatoria participaron corenta e cinco obras.
Esta é a imaxe da sesaxésimo sétima edición da Festa do Albariño de Cambados. O cartel deste ano está asinado polo meisino Pablo Sartal.
A obra foi a gañadora dun certame ao que se presentaron 45 propostas que optaban a ser a imaxe da popular cita cambadesa.
Dende o concello quixeron destacar o nivel acadado polas propostas que se presentaron. Segundo o edil de cultura en funcións, nas últimas edicións detectaron unha maior profesionalización dos candidatos.
O gañador recibirá un premio económico de 500 euros. Ademais de empregarse para os carteis, a obra formará parte dunha exposición na que estarán as demais que se presentaron ao concurso, e que se poderá visitar a partires do luns no concello de Cambados.