NOIA> O busto de Prudencio Romo loce xa nos xardíns Felipe de Castro xunto a outros noieses ilustres. Esta fin de semana procedíase á inauguración da escultura no transcurso da homenaxe ó músico.
Foron moitos os noieses que quixeron asistir á merecida homenaxe a Prudencio Romo. Unha homenaxe que se vén de sumar ós múltiples recoñecementos que ten impulsado o concello dende que fora no meado fillo predilecto en 1996.Ademais de recoñecer a súa gran traxectoria á fronte do mítico grupo Los Tamara, o músico e compositor noiés fundou numerosas agrupacións musicais na comarca contibuíndo a fomentar o gusto pola música entre os máis novos.
Ademais das autoridades, numerosos veciños e familiares asistiron a este emotivo acto no se procedeu a descubrir a escultura elaborada por Emilio Mariño que representa a Romo sobre unha base cun pentagrama.
Un dos seus netos foi o encargado de pechar o acto cunhas palabras en lembranza do seu avó. A continuación tivo lugar un concerto no Coliseo Noela, no que varias bandas de música interpretaron os temas máis emblemáticos de Prudencio Romo.