![]()
CALDAS > Un gran cantidade de veciños de Caldas acudían o venres pola noite en masa ó pleno no que se debatían…
…os problemas de auga que se viven no municipio e que os trae de cabeza. Máis de 250 persoas déronse cita no Salón de Plenos para escoitar que era o que dicían os concelleiros. O pleno resolveuse coa aprobación por unanimidade da moción presentada polos veciños a través do BNG.
A corporación de Caldas de Reis aprobou por unanimidade a moción presentada polos veciños a través da portavoz nacionalista Paloma Fernández e que recollía as esixencias de solucionar definitivamente e canto antes os problemas de abastecemento que sofre o municipio dende fai anos. A asociación ‘Río Umia’ pedía a través do seu representante que Sanidade realizara as análises oportunas, se prescindira na medida do posible da captación de auga do Umia ou se recuperaran certos manantiais, entre outros. A moción desembocou nun intenso debate no que os tres partidos políticos aportaron o seu punto de vista.
O PP criticou que o PSOE acuse ós populares de liderar a crise da auga e botou balóns fóra sobre a responsabilidade do seu partido cando estaban no poder e se construíu o encoro do Umia. Aspecto no que tanto nacionalistas como socialistas discreparon con dureza. As reaccións dos veciños, especialmente en relación cos comentarios do equipo de goberno non eran especialmente favorables. Os socialistas, pola súa banda, amosáronse de acordo co 90 % das peticións feitas na moción a excepción do punto relativo á derogación da auga. Tras modificar o punto da derogación e substituílo polo compromiso do goberno de reducir o próximo recibo nun 50% a moción foi aprobada por unanimidade.
Redacción Salnés







