Pontecesures será porto fluvial do proxecto Cruceros Costeros 2019

PONTECESURES> Pontecesures adhírese ó proxecto Cruceros Costeros 2019. A vila será o destino final dunha ruta fluvial que sairá dende Vilagarcía. As viaxes comezarán en Abril

O proxecto europeo Ecodestin engade un punto de parada máis ó seu plan Cruceros Costeros 2019. Pontecesures adhírese a este traxecto. Dende AGAN+ consideran a vila como un punto clave nas súas viaxes. Será o punto de retorno dunha ruta fluvial polo Río Ulla que parte dende Vilagarcía.

Dende o Concello de Pontecesures non dubidaron a hora de unirse a este proxecto. Consideran que a promoción cultural, turística e económica da vila ten que pasar necesariamente por facer visible o río, a súa xente e as súas actividades.

As viaxes comezarán en Abril e faranse máis de 100 travesías. O horario será de 10 da mañá a 6 da tarde e custo do billete non superará os 25 euros. Para levar a cabo este proxecto o Concello de Pontecesures realizará dúas reformas no porto: unha para mellorar a fachada fluvial da zona portuaria e outra para construír un novo pantalán de pasaxe.

Comments are closed.