O Concello de Sanxenxo conxela impostos e baixa as taxas

    plano_sanxenxo_copia100.jpgSANXENXO> Segundo a alcaldesa esta medida axudará á economía das familias, preservando tódolos servizos e prestacións sociais.

     {flowplayer}images/salnes/SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Por primeira vez o Concello de Sanxenxo aplicará unha reducción nos impostos, baixando as taxas de tres servizos fundamentais. Así, no 2010, os veciños do municipio pagarán un 1,4% menos nas tarifas de abastecemento, saneamento e depuración. Desta forma preténdese minimizar o efecto da crise nas economías familiares.

    Á súa vez, no próximo exercicio, as demais taxas e impostos non sufrirán incremento algún que puidese suplila caída de ingresos do concello, como por exemplo o imposto de bens inmobles de natureza rústica e urbana manterase no 0,46%. Esta proposta será abordada proximamente polo pleno da corporación e non afectará ós servizos que ofrece o Concello.

    Esta medida de austeridade, súmase á reestructuración da empresa urbanística Ínsula afectada pola crise. Neste tema, a oposición criticou duramente a actuación da alcaldesa.

    Dende o PSdeG, recalcaron que a portavoz do partido, que forma parte do Consello de Administración de Ínsula, enterouse pola prensa dos cambios na organización empresarial. Do mesmo modo, o BNG acusa a Catalina González de querer disimular a desastrosa xestión da empresa.

    Redacción Salnés