A Pobra centra as actuacións do POS na pavimentación de camiños rurais

    pos2007_100_311006.jpgPOBRA > Grazas ás actuacións incluídas no POS, o concello da Pobra acometerá a pavimentación

    … da maior parte dos camiños rurais do municipio. O proxecto, que conta cun orzamento total de 205 mil euros, levarase a cabo en varios tramos das parroquias de Posmarcos, Santa Cruz de Lesón e o Xobre.

    O vindeiro seis de novembro levarase a pleno a aprobación do plan. As pistas obxecto de mellora serán o tramo Sanquelexo, Sanquelexo-Xallería, Camiño Angustia, Petón de Xisto, tramo Crocha de Poniente-Ponte dos Patos, Portocarro, Camiño Hórreo-A Lomba e os Raposiños na parroquia de San Isidro de Posmarcos. En Lesón acometerase a mellora no tramo Romeiras-Poza de Moraña, Tramo Paio e Gándara-Quintáns-Lesón e no Xobre acometerase o tramo Devesa, Camiño Real, Costa-Lombiña, Vilariño-Xobre, tramo Campiño-Cercias-Outeiro e Costa-Vilariño.

    O proxecto divídese así en tres zonas de actuación nas que se acometarán traballos sobre as vías que na actualidade se atopan moi deterioradas. O prazo de execución ascende a dous meses e o orzamento total será de 205 mil euros, dos cales o sete por cento será finaciados polo concello e o restante pola Deputación.

    As obras nestes dezasete camiños véñense sumar ó Plan recentemente presentado da Consellería de Medio Rural que incluía actuacións noutras trece pistas. Deste xeito, o executivo pretende mellorar sustancialmente as vías de comunicación no municipio para da-lo mellor servizo a tódolos veciños.

    Estas obras de pavimentación constitúen unha continuación das melloras xa realizadas nos núcleos rurais para a dotación de servizos básicos como saneamento e abastecemento.

    Os camiños pendentes de actuación que non foron contemplados neste proxecto serán incluidos noutros programas como o Plan de Investimentos Locais.

    Redacción Barbanza