PSOE e BNG engaden 61 millóns ós Presupostos Xerais do Estado

    antonlouro_100_311006.jpgPONTEVEDRA > PSOE e BNG conseguen incluír nos Presupostos Xerais do Estado máis de 60 millóns de euros dirixidos a Galicia.

    Proxectos como a conexión de Pontevedra coa A-52, a circunvalación de Pontevedra, a remodelación do nó do Pino ou os tramos do Eixo Atlántico Pontevedra – Vigo e Pontevedra – Ourense, acaban de ver incrementada a súa dotación no proxecto dos presupostos xerais do Estado para 2007. O Goberno central recolleu así a práctica totalidade das propostas realizadas polo grupo municipal do PSOE en Pontevedra. A voceira socialista Teresa Casal amosouse satisfeita xa que nestes presupostos ‘si se detecta boa vontade de facer máis cercana Pontevedra, de colocala realmente no mapa’.

    antonlouroteresacasal_200_311006.jpgMoitas destas achegas incluíronse nun paquete de emendas presentadas conxuntamente polo PSOE e BNG no Congreso, que foron agregadas ó proxecto dos presupostos. Trátase de actuacións por algo máis de 61 millóns de euros, que xunto con outras achegas acaban incrementando as contas xerais do Estado a preto de 1.800 millóns de euros. Para o PSOE é unha cifra que garantirá a modernidade dos equipamentos e infraestructuras en Galicia. Por iso, o deputado do PSOE no Congreso Antón Louro lamenta que ‘o PP siga sin estar á altura das circunstancias’, xa que segundo sinalou estes presupostos duplican o investimento que viña facendo o PP para Galicia.

    O proxecto continuará a súa tramitación parlamentaria ata mediados de decembro. Alomenos o primeiro envite foi salvado co apoio de grupos como o PNV, Coalición Canaria, Chunta Aragonesista e, sobre todo, do BNG. Para Antón Louro, o dobre acordo presupostario (no Goberno Central e na Xunta) ‘é unha mostra inequívoca da boa sintonía e estabilidade do bipartito galego’.

    Redacción Salnés