Mar de Frades doa 400 mil euros aos máis necesitados polo coronavirus

MEIS> Os viñedos non paran coa parálise pero as adegas ven afectada a comercialización dos seus viños. O sector paraliza ás súas vendas en solidariedade co peche de actividade dos servizos de reposición. Aínda así, son moitas adegas que colaboran cos concellos ou asociación para loitar contra o avance do coronavirus.

As adegas do Salnés cualifican os viños do 2019 e as súas vendas como excelentes. A comercialización dos caldos da Denominación de Orixe Rías Baixas ven aumenta nos últimos anos. Unha evolución que ser verá freada pola crise sanitaria provocada polo coronavirus neste 2020. Aínda que os viñedos continúan co seu habitual ciclo de vida, a corentena pasa factura á comercialización dos viños do Salnés. As adegas súmanse a parálise dos servicios de restauración.

Esta parada, polo de agora, non afecta ás vendas internacionais.

As adegas aproveitan esta situación para realizar traballos de coidado dos viños.

As adegas consideran que é imposible valorar como este parón vai afectar ás vendas. A pesar diso dende o sector non dubidan en colaborar na loita sanitaria, xa sexa cedendo material ou con doazóns económicas, como é o caso de Zamora Company, propietaria de Mar de Frades, que doou 400 mil euros aos colectivos máis necesitados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí