O executivo dotará de trinta prazas de aparcamento á parroquia Aguiño

    aparcadoirosaguio_100_031106.jpgRIBEIRA > O executivo destinou 40 mil euros para a construción dunha nova zona de aparcamentos

    … en Aguiño a carón da estrada xeral. En total prevese dotar duns 30 novos estacionamentos para vehículos, ó tempo que se mellorarán tamén as beirarrúas.

    Hai uns días iniciáronse as obras para as que o executivo local que preside Xosé Luís Torres Colomer destinou ó redor duns 40 mil euros.

    O novo tramo de aparcadoiros a realizar abrangue na estrada xeral que une as parroquias de Carreira e Aguiño unha zona que vai dende o número 106 ata o 121, preto do cruce que vai a Castiñeiras e á Graña. A lonxitude total deste tramo é de 154 metros e a actuación realízase na marxe dereita en dirección de Ribeira a Aguiño.

    Esta nova área contará con espazo para aparcar aproximadamente uns 30 vehículos, incluíndo ademais unha zona de carga e descarga de 12 metros á altura da farmacia alí existente. Con esta actuación a zona de estacionamento será de dous metros de ancho e as novas beirarrúas serán de metro e medio.

    Con esta obra o executivo ribeirés pretende dotar de zona de aparcamentos a unha área de moito tránsito de vehículos, mellorando así a calidade de vida dos veciños que empregan habitualmente esta zona, ó localizarse alí unha farmacia e un dos supermercados desta parroquia.

    Redacción Barbanza