Vilagarcía acolle un curso da USC sobre Xustiza e novas tecnoloxías

    xustiza_100.jpgVILAGARCÍA> Xustiza e novas tecnoloxías: a modernización da Xustiza en España, unha tarefa pendente. Este é o explícito título doutro novo curso…

    {flowplayer}images/salnes/150909_curso_xustiza.flv{/flowplayer}

    … de verán da Universidade de Santiago de Compostela que se imparte estes días no Auditorio de Vilagarcía. Desde hoxe e ata pasado mañá mércores máis de medio cento de alumnos deste universidade e membros de corpos de seguridade do estado afondarán nesta problemática de actualidade.

    Durante estes tres días abordarase este problema de falla de modernización da Xustiza no Estado desde tres perspectivas básicas, repartidas por xornadas. Entre os poñentes deste curso atópanse figuras de primeira liña do sistema xudicial español, como é o caso do Vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial, que quixo explicar de primeira man ós futuros profesionais da Xustiza ó panorama que lles agarda.

    Mesas redondas, roles-play e demostracións teórico-prácticas completan o programa deste curso de verán neste Concello do Salnés. Un Concello que foi escollido polas facilidades e patrocinio proporcionado e que, tralo éxito desta edición, recuncará de novo como sede destes cursos en vindeiras edicións.

    Redacción Salnés