Sanxenxo reclama a praia de A Lanzada

    28

    SALNÉS> Sanxenxo reclama a praia da Lanzada. Esta fin de semana, a alcaldesa Catalina González sorprendía anunciando que o concello ven de encargar unha investigación que apoie a súa petición: que Sanxenxo pase a ser titular de todo o areal.

     

    A titularidade da Lanzada está no centro da polémica. 

    Grove e Sanxenxo comparten o areal, pero Catalina González anunciou esta fin de semana que encargará un estudo xurídico para apoiar o seu obxectivo: que a popular praia pase a ser completamente sanxenxina.

    A rexedora súmase así á reclamación histórica dos comuneiros de Noalla, aproveitando a revisión dos terreos comunais que se terá que facer por orde xudicial. 

    Dende O Grove, o seu homólogo xa respondeu. Miguel Pérez manifestou a súa sorpresa e incredulidade pola petición, e ve nela unha cortina de fume para tapar outros problemas, sensación que comparten os veciños mecos.

    Se a manobra obedece a algún tipo de completo, a unha escasa visión ou a unha desesperación política, é o dilema que plantexa o alcalde meco no seu comunicado. E é que no Grove téñeno claro: historicamente e por lei natural, A Lanzada pertence ó Grove.

    Polo de momento, os expertos contratados polo goberno de Catalina González botarán man de arquivos locais, autonómicos e estatais. Todo para buscar demostrar que A Lanzada é de Sanxenxo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/24/polemica_titularidade_lanzada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/24/polemica_titularidade_lanzada.mp4{/flowplayer}