Máis de 100.000 caramelos para a Cabalgata de Reis de Vilagarcía

    cabalvilla100_030107_001.jpgVILAGARCÍA > O Concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, presentou esta mañá a Cabalgata de Reis, acompañado por membros da comisión organizativa.

    A escasos dous días para que dé comezo, ultímanse os detalles para recibir ós tres magos de Oriente, que teñen prevista a súa chegada ó peirao de pasaxeiros, ó redor das 17 horas do día 5.

    A cabalgata vilagarciá foi calificada por Castro Ratón como “a mellor de Galicia”. E é que nesta ocasión repartiranse un 60% máis de caramelos que o ano pasado, serán uns 100.000.

    Haberá por tanto doces para todos, xa que tamén se coidou que fosen aptos para celíacos, sen gluten. Seis carrozas presidirán a festa, tres para cada un dos reis e outras tantas para o seu particular séquito; todo acompañado por un grande espectáculo de música e luz.

    Percorrerán o centro de cidade. A saída dende o Auditorio prevese para ás sete da tarde e a chegada ó Concello hora e media despois. Alí teñense preparadas varias sorpresas para os que se queiran achegar. Se a chuvia non fai acto de presencia, prevese cheo total nas rúas.

    Na axenda do Reis están previstas varias visitas para o día 6. Acudirán ó Hospital do Salnés, e as parroquias de Santa Eulalia, A Laxe e Sobradelo. Tamén levarán regalos á residencia Divina Pastora, para que ninguén deixe de sorrir neste día tan sinalado.

    Redacción Salnés