O novo centro de saúde abrirá as súas portas o vindeiro día 14

    centrosauderianxo_100_061106.jpgRIANXO > As instalacións do novo centro de saúde  serán inauguradas o vindeiro día 14 de novembro.

    O alcalde rianxeiro Pedro Piñeiro avanzou que nesta data producirase a apertura do novo centro de saúde á que asistirá a Conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio. A posta en marcha das novas instalacións fai máis factible a transformación do vello edificio do Sergas nun centro de día para desfrute dos maiores.

    O presuposto das obras de construción do novo centro de saúde rianxeiro superaron o millón e medio de euros e foron sufragadas na súa totalidade pola Consellería de Sanidade. Cunha superficie útil de 1.874 metros cadrados, o novo dispensario ademais das áreas de medicina xeral, salas de enfermería e de consulta, incrementará os seus servizos cos departamentos de odontoloxía e de educación sanitaria, así como un pad de urxencias independente, habilitado con sala de medicina xeral e cunha zona de curas e observación.

    O rexedor local, amosou a súa satisfacción pola consecución desta obra, unha vella demanda do executivo local dende hai tempo.

    Redacción Barbanza