A Xunta saca a licitación as obras de rehabilitación de Ponte Nafonso

NOIA> A actuación contará cun orzamento de máis de 700 mil euros.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado dos alcaldes de Noia e Outes, Santiago Freire e Manuel González, respectivamente, realizaron este mediodía unha visita a Ponte Nafonso. A súa visita tiña coma principal finalidade anunciar a licitación das obras de reparación e posta en valor desta infraestrutura por parte da Xunta de Galicia, por un importe de mais de 700 mil euros. O delegado territorial destacou que se trata dunha actuación integral para mellorar a seguridade da ponte e garantir así a súa conservación.

Un aspecto este no que coincidiron tamén os dous alcaldes. Tanto Santiago Freire coma Manuel González  destacaron a importancia da infraestrutura dun gran valor histórico, e un ben catalogado patrimonialmente.

As empresas interesadas en facerse con esta actuación terán de prazo ata finais deste mes de marzo para presentar as súas ofertas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí