Rianxo será este domingo o centro do remo galego

RIANXO> A vila acollerá a décimo sétima Bandeira Concello de Rianxo pertencente á Liga Galega A. Por primeira vez celebrarase tamén a I Bandeira Cortizo Feminina.

Baixo a organización do Club de Remo Rianxo e coa colaboración do Concello, este domingo disputarase no peirao da localidade a décimo sétima Bandeira Concello de Rianxo. A proba integrada na Liga Galega de Traíñas A reunirá na localidade ós dez clubs que militan nesta liga, que competirán entre eles para facerse coa prezada bandeira.

Por primeira vez, e grazas ó apoio da firma Cortizo, celebrarase a primeira bandeira Feminina de Traíñas, coa participación de seis clubs de toda a comunidade, entre as que se atopa tamén Rianxo, que conformou equipo conxunto con Muros.

Rianxo acollerá tamén ese día a proba pertencente á Liga Galega B debido á emerxencia sanitaria e á imposibilidade de poder celebrala na localidade asturiana de Castropol. O arranque das distintas probas terá lugar a partir das once da mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí