O Concello terá que pagar 245.000 euros por obras do polígono

    obexcar_100_101106.jpgRIBADUMIA > O Concello terá que pagar máis de 245.000 euros polas obras executadas no polígono industrial desde o ano 1999 …

    … Así o sentencia o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que estima parcialmente o recurso interposto por Obxecar.

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condena ó Concello de Ribadumia a pagar 245.378 euros por obras executadas no polígono industrial desde o ano 1999. A sentencia estima parcialmente o recurso contencioso administrativo interposto por Obxecar contra a desestimación da reclamación previa formulada no Concello.

    obexcar_200_101106.jpgA entidade pretendía que se lle abonase unha presunta débeda de 652.356 euros, derivada das obras executadas desde o ano 1999 por esta empresa na construcción do polígono de Cabanelas. Tal e como recoñece a sentenza, sobre a que non cabe recurso, condénase ó Concello a abonar os xuros legais devengados desde que a empresa reclamou en primeira instancia.

    A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, ausente por motivos persoais, ten previsto convocar de urxencia á xunta de voceiros para analizar a sentenza e estudar a situación e pasos a seguir. Precisamente o BNG, que dixo coñecer esta nova a través dos medios de comunicación, sinalou que solicitará mañá no concello copia da sentencia e que se reúnan canto antes os voceiros municipais, xunto coas persoas que teñan responsabilidade neste asunto e capacidade de tomar decisión no Concello.

    Ramón Mouriño considera que esta sentenza provoca unha situación grave para as arcas municipais e para os veciños e cre ademais que lle vén a dar a razón ó seu grupo que leva tempo pedindo que se aclare a situación económica do polígono. Considera que o actual equipo de goberno non se pode inhibir neste caso, xa que, a pesar de iniciarse cunha mala xestión do anterior alcalde José Ramón Barral, foi con Salomé Peña de alcaldesa cando se realizaron as obras.

    Redacción Salnés