Os empregados municipais protestan contra os últimos recortes

    VILAGARCIA> Os traballadores do Concello de Vilagarcía veñen de denunciar os novos recortes que se veñen de aplicar ás súas condicións laborais.

    {flowplayer}images/salnes/sindicato_concello_vilagarcia_290612.flv{/flowplayer}

    Tras soportaren nos últimos tempos outras medidas como o recorte do 5 % dos seus salarios, ou a suba do IRPF, agora denuncian que desde o goberno local lle queren ampliar o horario a 37,5 horas semanais, se lle suprimen as axudas sociais e o concerto sanitario e se lle impón a que chaman brigadas de tarde.

    Este colectivo inclúe non só a funcionarios propiamente ditos senón tamén a persoal laboral e outras categorías que poden non pasar dos mil euros. Estas medidas teñen un calado máis fondo do que se puidera pensar e non sempre supoñen tal aforro económico. Acusan que as máis das veces se conculcan os dereitos básicos dos traballadores.

    Ante esta situación, os traballadores públicos propoñen que tamén os políticos arrimen o ombreiro recortando parte dos seus privilexios, moitos deles absurdos ou abusivos, como poden ser a caixa fixa para dietas e gastos protocolarios dos políticos de 18.000 euros, ou estoutros.

    Os empregados do Concello de Vilagarcía non obvian que o seu traballo non é ben recoñecido polo xeral da poboación; con todo detallan os pormenores do que van a supoñer estas medidas para o groso dos traballadores; unhas propostas ante ás que coinciden en opoñen os catro sindicatos con representación no Consistorio.

    Redacción Salnés