A vítima do ataque machista do Grove recibe a alta

O GROVE> A vítima do ataque machista do Grove xa se recupera na súa casa. A muller recibiu hoxe a alta hospitalaria. Foi sometida onte a unha intervención para retirarlle do pescozo unha das dúas balas que lle disparou o seu exmarido. El, mentres, continúa ingresado no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

O que puido rematar en traxedia, ten un final feliz. A vítima do ataque machista do Grove xa se recupera na súa casa. Recibiu a alta hoxe mesmo.

A muller estaba ingresada no Hospital Montecelo de Pontevedra. Alí, foi sometida onte a unha intervención cirúrxica para extraerlle a bala do calibre 22 que tiña no pescozo. O outro dos disparon propinados polo seu exmarido atravesoulle o pómulo.

A concelleira coñecía persoalmente á muller atacada. Recoñece estar sorprendida co acontecido.

Entre tanto, o agresor permanece ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, custodiado pola Garda Civil. O varón tentou suicidarse coa mesma arma coa que atacou á súa exdona, disparándose ata en dúas ocasións. Foi operado de urxencia para retirarlle as balas. Seica padece unha hemorraxia cerebral. Segundo algunhas fontes, o home fora axente da Garda Civil.