Valga celebra o centenario de María Herminia Gil Ferro

    centenariavalga_100_131106.jpgVALGA > En Valga xa teñen dúas avoas centenarias: Andrea Tarrío, con 101 anos, e agora María Herminia Gil, con 100.

    A veciña de Valga María Herminia Gil Ferro cumpre mañá 100 anos e con tal motivo, a súa familia preparoulle unha gran festa. Pero ademais desde o Concello quixeron facerlle unha homenaxe para celebrar este centenario. A familia Gil Ferro xa se reuniu onte en torno á avoa, algúns deles chegados de lugares dan afastados como Arxentina.

    A axenda foi ben axustada para María Herminia, que empezou o día cunha misa na igrexa parroquial de Cordeiro. Ó remate a corporación municipal fíxolle entrega á avoa dunha placa conmemorativa e dun ramo de flores. A homenaxeada recolleu emocionada o agasallo municipal e manifestou sentirse moi feliz por poder compartir o seu cumpreanos cos seus familiares nunha festa entrañable e de reencontro para eles.

    María Herminia converterase na segunda centenaria de Valga, por un ano gáñalle a avoa do concello Andrea Tarrío, que vén de cumprir xa os 101 anos.

    Redacción Salnés