Moraña estrea a súa propia versión do Nacemento

MORAÑA> Novo Belén de referencia na comarca. Moraña inaugurou onte a súa propia proposta de Nacemento; un conxunto que representa as principais iconas turísticas e bens patrimoniais do concello. Poñer en marcha esta instalación de 32 metros cadrados non foi tarefa sinxela: precisáronse 46 xornadas de moito traballo. Vexan o resultado.

Moraña xa ten a súa propia versión do Nacemento. Dende onte, un Belén Xigante ocupa 32 metros cadrados da Casa da Cultura, recreando as principais iconas turísticas e bens patrimoniais do concello.

O Belén colleu forma grazas ao labor da Asociación de Mulleres Rurais O Menhir. De feito, foron necesarias 46 xornadas de traballo para facelo posible.

Oito igrexas parroquiais e o Santuario dos Milagres de Amil, o Menhir de Gargantáns, varios palcos de música tradicionais, cruceiros, o río Umia e a vella Ponte Briones, son algúns dos elementos que compoñen a versión morañesa deste elemento do Nadal.

Así que xa saben, se queren velo en directo estará aberto ao público durante todo o Nadal na Casa da Cultura de Moraña.