![]()
SANXENXO > Unha discoteca de Sanxenxo e un pub de Portonovo deberán pechar as súas portas a menos que adapten …
… os seus locais á ordenanza municipal contra a contaminación acústica.
O Concello de Sanxenxo, a través da Xerencia Municipal de Urbanismo, notificará esta noite a suspensión preventiva de actividade a dous establecementos de ocio. Trátase da discoteca Ice, situada en Sanxenxo, e o pub Woodstock, de Portonovo. Ambos por incumprir a Ordenanza Municipal de Protección do Medio Ambiente e contra a Contaminación Acústica.
Os dous locais deberán permanecer cerrados ó público ata que presenten nas dependencias municipais o certificado que acredite a instalación dun dispositivo sonográfico rexistrador e un aparato limitador, ambos conectados ó sistema de inspección contratado pola Administración local. Ademais, na resolución concédeselles un prazo de vintecatro horas para retirar tódolos artigos perecedoiros.
A ordenanza contra a contaminación acústica entrou en vigor en marzo do ano pasado, e establecía un prazo de seis meses para a adaptación dos locais, aínda que o Concello prorrogou este período ata o pasado día 24.
Redacción Salnés






