O GDR do Salnés recibirá 3 millóns entre este ano e o próximo

    SANXENXO> O Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla Umia conta con 3 millóns de euros para a dinamización e a promoción de proxectos empresariais da comarca. Foi un dos anuncios que fixo esta mañá a Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante a súa visita ó local do GDR, para coñecer a ampliación que se levou a cabo nas instalacións de Vilalonga . A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, comprobou esta mañá o resultado da ampliación das instalacións do Grupo de Desenvolvemento Rural do Salnés-Ulla-Umia, o GDR situado na parroquia de Vilalonga, en Sanxexno. Vázquez explicou durante a visita, que hai 24 GDR en todo o territorio galego, que contan con de 84 millóns de euros Xunta para o período 2014-2020. O GRD do salnés contra con 3 millóns de euros O GDR do Salnés parte para este ano e o próximo con preto de 900.000 euros. Un investimento que lle supuxo un aumento da internacionalización e fundamentalmente, dos postos de traballo, nas empresas da comarca. Neste caso, centradas no turismo, pero taménno sector agrario. Tal e como destacou tamén a presidenta do Grupo, e alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, quen agradeceu o apoio que tiveron para a ampliación deste GDR, tanto en local como en persoal. Tanto a conselleira como a presidenta do grupo, animaron ás empresas do Salnés e o Ulla a que asistan a este Grupo de Desenvolvemento Rural do Salnés, ubicado en Sanxenxo, para presentar os seus proxectos e asesorarse sobre os seus futuros negocios.