¿Que debería cambiar o próximo presidente do goberno?

    preocupacioscopy.jpgSALNÉS> Esta mañá saímos á rúa para coñecer cales son as maiores preocupacións dos veciños da comarca. A falta de emprego levouse a palma.

    {flowplayer}images/salnes/PREOCUPACIONS_XENTE_ELECCIONS.flv{/flowplayer}

    Emprego, servizos sociais, educación e sanidade son as áreas nas que o goberno que saía vencedor nas vindeiras eleccións xerais deberá empregarse a fondo. Cando menos isto é o que demandan os veciños do Salnés e así nolo fixeron saber nunha enquisa que fixemos esta mañá polas rúas de Vilagarcía.

    Pero en conxunto, un cambio xeneralizado é o máis desexado previo ó cara a cara que esta noite se vai a producir entre os números un do PSOE e o Partido Popular. A maioría non confía en ningún líder político e lamenta que non haxa unha alternativa real.

    En canto ós cambios que precisa o país, a maioría coincide en que o emprego é a área na que, o goberno que gañe as eleccións o vindeiro 20 de novembro, deberá empregarse a fondo.

    Servizos sociais, educación, sanidade e vivenda son outros asuntos que preocupan, e moito, ós nosos veciños.

    Redacción Salnés