![]()
VILANOVA > A Deputación de Pontevedra subvencionará a construcción de gradas no campo da Sociedade Deportiva Pontearnelas.
A presidenta do club vilanovés asinou esta mañá o convenio de colaboración co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, quen insistiu no compromiso da entidade co deporte e en especial co deporte base.
Para iso aportarán 17.000 euros cos que a Sociedade Deportiva poderá construír gradas no campo. Xunto con Louzán estaba a presidenta da Sociedade Deportiva Pontearnelas e o alcalde de Vilanova, quen destacou os avances feitos no concello nos últimos anos no eido deportivo, primeiro coa construcción de pavillóns e agora coa mellora dos campos de fútbol.
Redacción Salnés





