A Deputación rematará en 15 días as obras no Salvador Otero

salvadorotero_100_180107.jpgA ILLA > As novas gradas e vestiarios do campo de fútbol Salvador Otero estarán rematadas nos vindeiros quince días …

… Así o sinalou hoxe o presidente da Deputación, Rafael Louzán, tras supervisar o derrubamento dos antigos vestiarios.

salvadorotero_200_180107.jpgO presidente da Deputación, Rafael Louzán, asistiu esta mañá o derrubamento dos vellos vestiarios do campo de fútbol Salvador Otero da Illa. Nestas instalacións, a institución provincial está a rematar as obras de construción dunha nova gradaría e vestiarios, que estarán listas en 15 días, á falta de que se constrúa un espazo cuberto para os medios de comunicación, entre outros flecos. Deste xeito, tal como indicou Louzán, ‘o Céltiga poderá contar cunhas instalacións modernas e adaptadas as súas necesidades, ó mesmo tempo que integradas no entorno marítimo no que está situado o campo’.

O Salvador Otero tamén se beneficiará da mellora do campo da Bouza. Estas instalacións están incluídas no plan provincial para instalar herba artificial e permitirá librar o campo de xogo do primeiro equipo dos adestramentos da base. Como no resto dos campos incluídos no plan para dotación de herba artificial, no Campo da Bouza investiranse 368.000 euros dos que Deputación aportará 276.000 euros e o concello 90.000.

Redacción Salnés