Frank e Elise: 26 anos abordo

    canadenses_100_190107_003.jpgSANXENXO > Os tripulantes deste veleiro chámanse Elise Gagnon e Frank Cotton. Son os intrépidos navegantes canadenses do un barco feito por Frank nos anos…

    …setenta e no que percorren o mundo xuntos dende 1980, momento no que, tras poñer un anuncio nunha tenda de Vancouver atopou tripulante de compañía. Comezaron o seu periplo fai máis de 26 anos e dende entón visitaron máis de 260 portos de 33 países distintos. O último o de Sanxenxo, no que permanecencanadenses3_200_190107_005.jpg dende outubro e no que prevén estar ata abril.

    Despois de tantos anos xuntos abordo acumulan milleiros de anécdotas do día a día. A última fai apenas uns meses cando viaxaban en alta mar e albiscaron un gran banco de peixe que se lles adheriu ó barco durante máis de sete horas tinguindo o mar de prata. Todas estas anécdotas servíronlle a Elise para plasmalas nun orixinal sistema de gravado en óso de vaca sobre madeira de takamaka que logo lles valeu para comezar unha impresionante colección composta por máis de 130 pezas cos gravados dos máis grandes veleiros do mundo.

    Esas pezas constitúen hoxe en día o seu museo particular que lles serve para amosar en tódolos portos nos que atracan e, coa venda do póster que os recolle, financiar a súa viaxe e os arranxos que lle vai pedindo o barco. Cada barco é un mundo e lévalles máis ou menos tempo facelos, canadenses_200_190107_004.jpgalgúns un día e outros ata catro. A exposición estará en Vilagarcía ata este domingo na cafetería do Club de Mar do Liceo Casino, onde se poderá visitar e na que os dous navegantes darán unha charla mañá ás seis da tarde.

    A exposición enmárcase dentro das actividades que recolle o Liceo Casino por mor da celebración esta fin de semana da regata clasificatoria de cadete e que comeza mañá ás dúas da tarde e remata o domingo ás 5 da tarde coa entrega de premios nas instalacións do peirao de pasaxeiros.

    Redacción Salnés