As nais de Ribadumia denuncian de novo a falta de pediatra

    nai_ribadumia100_290708.jpgRIBADUMIA > Ana María Malvar é unha das moitas nais que estes días se atoparon de novo sen pediatra no Centro de Saúde.

    {flowplayer}images/salnes/nais_ribadumia.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA > Ana María Malvar é unha das moitas nais de Ribadumia que estes días se atoparon de novo sen pediatra no Centro de Saúde do concello. Ten un bebé de once meses que colleu un catarro. O problema é que vai para un mes e xa lle cambiaron a medicación ata seis veces. Nese tempo, atendeuno un médico de familia na consulta de Ribadumia, e en urxencias do Hospital Provincial de Pontevedra, e mesmo un especialista privado en Caldas. O neno segue enfermo, a última medicación foille ben pero rematóuselle e Ana María non consigue vez para que llo mire un pediatra da Seguridade Social.

    A historia de Ana María Malvar ben pode ser a de calquera nai de Ribadumia. Nos últimos dous anos episodios coma este véñense sucedendo cada vez que o pediatra titular se ausenta, por baixa ou por vacacións, e o Sergas non lle pon substituto. A esta nai de Ribadumia non lle valen as escusas que dá o Servicio Galego de Saúde. No Concello amosáronlle unha carta de Sanidade na que se afirma que os médicos de cabeceira están capacitados para atender ós nenos. Ana María diq ue o seu caso demostra o contrario.

    Tamén en Catoira están sen pediatra, segundo denunciou o grupo municipal do BNG. Onte non houbo consulta e os nenos foron derivados a Vilagarcía. Os nacionalistas advirten que non é a primeira vez que sucede e reclaman a mellora deste servicio que consideran prioritario

    Redacción Salnés