O PP provincial denuncia a suspensión da variante de Rebón en Moraña

MORAÑA> Membros do Partido Popular provincial visitaron este mércores a estrada Rebón, na parroquia de O Vexildo, pertencente a Moraña. Alí charlaron con varios veciños afectados pola paralización da variante de Rebón, que estaba aprobada na anterior lexislatura da Deputación de Pontevedra, e que actualmente a administración provincial suspendeu, segundo din dende as filas populares sen ningún tipo de explicación. Amador Pérez é un dos veciños ao que lle expropiaron un terreo na zona de Rebón, en Moraña para a construción da variante que pasaría por alí, e que foi aprobada polo executivo de Rafael Louzán, cun orzamento superior aos 800.000 euros. A pesar de recoñecer que os terreos lle foron aboados, este veciño non entende como despois de expropiarllos e pagarllos, agora non se vai a realizar o proxecto da variante. Unha situación que levou aos populares de Pontevedra a colocar un cartel na zona, no que se pode ler que a obra foi paralizada pola Deputación de Pontevedra. Segundo a alcaldesa de Moraña, esta obra constitúe unha prioridade para os veciños de esta zona, por iso lle solicita ao ente provincial que retome o proxecto. O deputado provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, asegurou que esta é unha situación que se está a producir en diferentes concellos da provincia similares ao caso de Moraña, e criticou que o actual goberno da Deputación só inviste en grandes concellos. Os populares solicitaron ao resto de grupos políticos que apoien este tipo de obras en concellos de menos de 20.000 habitantes, xa que lles recordaron, que a marxe das ideoloxías, os afectados son os veciños. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/populares_queixas_morana_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/populares_queixas_morana.mp4{/flowplayer}