![]()
PONTEVEDRA > O PP defende o papel das deputacións provinciais, fundamentais, din, para o equilibrio territorial …
…Sobre este asunto debatiuse hoxe nunha xuntanza celebrada na sede provincial de Pontevedra, na que participou o secretario executivo de comunicación do PP, Gabriel Elorriaga.
O secretario executivo de comunicación do PP, Gabriel Elorriaga, reuniuse hoxe coa dirección provincial do Partido Popular de Pontevedra. Na xuntanza tamén estiveron o presidente rexional, Alberto Núñez Feijóo, e o secretario xeral Alfonso Rueda. O encontro serviulles para reflexionar sobre a organización territorial do estado, e en concreto sobre o papel das deputacións provinciais.
O PP propón unha coordinación entre o goberno autonómico e as institucións provinciais e tamén un maior protagonismo dos concellos nas decisións das deputacións. Os populares defenden o papel destes organismos no equilibrio territorial e por iso lles parece inasumible a proposta do BNG para que desaparezan.
Redacción Salnés







