BOIRO> O BNG levará ó Parlamento os problemas de seguridade viaria na zona de Cimadevila, en Boiro. Os nacionalistas denuncian a perigosidade dun paso de peóns situado xusto na sáida dun garaxe polo que instan á Xunta a que o cambie de lugar.
Malia que o concello de Boiro acometeu unha serie de medidas para incrementar a seguridade na zona de Cimadevila, o BNG considera insuficientes estas actuacións. Á gran velocidade á que soen circular os vehículos nestas estrada súmase o deficiente emprazamento deste paso de peóns, situado na saída dun garaxe e con escasa visibilidade.
O BNG defenderá unha iniciativa no Parlamento solicitando non só a adopción de medidas de seguridade senón que se estude a viabilidade da reubicar o paso de peóns nunha zona máis segura e con maior visibilidade tanto para os condutores como para os peóns.
Queixas que xa veñen de vello polo que piden á Xunta que actúe con axilidade antes de que se produzan novos accidentes.