Velo denuncia a existencia de vivendas sociais sen adxudicar dende hai 5 anos

    manuelvelo_100_190107.jpgBOIRO > O voceiro de ICBoiro acusa ó concello de ‘deixadez’ en materia de servizos sociais.

    Manuel Velo arremeteu novamente contra o goberno, do que formou parte ata hai uns meses, acusándoo de non asumir as súas responsabilidades no eido social. Segundo explicou o edil independente, hai cinco anos que se construíu un bloque de vivendas protexidas en Escarabote para as familias con menos recursos. Á convocatoria concorreron máis de oitenta candidatos que siguen á espera dunha resolución porque, a día de hoxe, ningún dos dezaoito pisos foi adxudicado. Segundo Velo, este feito é froito da política de ‘deixadez’ exercida polo alcalde, Xosé Deira.

    A demora na posta en marcha da gardería e o centro de día tamén motivo as críticas de Manuel Velo que insta ó alcalde a realizar os trámites necesarios ante a Consellería de Vicepresidencia para que os boireses poidan contar con este servizo canto antes.

    O ex – membro do tripartito considera ‘inadmisible’ que un goberno de signo ‘progresista’ desatenda un piar básico da sociedade como é o benestar social de tódolos cidadáns, con especial atención á infancia e á terceira idade. Por este motivo, asegura que seguirá a apelar ó goberno para a consecución dunha política máis activa en materia social.

    Redacción Barbanza