O campo de fútbol de Barrantes reabrirase en abril

    obrascampobarrantessalome_100_260107.jpgRIBADUMIA > O campo de fútbol da Bouza, en Barrantes reabrirase a mediados de abril, se se cumpren as previsións …

    … da Deputación de Pontevedra e do Concello. A alcaldesa Salomé Peña inspeccionou hoxe os traballos con técnicos da Deputación.

    obrascampobarrantes_200_260107.jpgOs traballos para remodelar o campo de fútbol da Bouza, en Barrantes xa están en marcha. Estes días a maquinaria céntrase na construcción dunha grada elevada que albergará no seu baixo tódolos servizos necesarios tanto para o campo como para o pavillón de deportes contiguo. A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, fixo hoxe a súa primeira visita á obra xa en execución, xunto co técnico da Deputación de Pontevedra. Ambas institucións colaboran neste proxecto, cun investimento de 750 mil euros. Segundo as súas previsións, a grada estaría lista a mediados de marzo, e un mes máis tarde remataríanse tamén as do terreo de xogo.

    A Bouza dotarase de herba artificial de última xeración cun sistema de rego automático e con reciclaxe da auga. Ademais contará cun equipamento completo, con porterías de fútbol 11 e fútbol 7, bancadas para suplentes, marcador electrónico e cadeiras para as gradas, ademais de iluminación. Rematadas as obras, o campo poderá ser utilizado polo equipo de fútbol Umia e polos alumnos do colexio de Barrantes a calquera hora do día. Ademais, o Concello prevé pechar todo o recinto escolar.

    Redacción Salnés