MEIS> Meis xa ten todo preparado para as Festas de San Bieito 2025. O día grande será o 13 de xullo, coa Festa dos Callos. Ese mesmo día terá lugar a ruta BTT dos callos. Precisamente, con deporte vai arrancar a programación, xa este vindeiro 28 de xuño. Será co torneo interparroquial de fútbol. Este ano a gran novidade é que volve a Feira Labrega. A proposta complétase con distitas actividades infantís e música, da man de distintas charangas e orquestras, entre as que salientan a New York, Fania Blanco Show ou Capitol.
Do 28 de xuño ao 13 de xullo Meis está de festa. O municipio acolle os festexos do San Bieito, cunha programación que busca ser un reclamo para veciños e visitantes e para tódolos públicos.
Unha das grandes novidades este ano é que volve a Feira Labrega, o 6 de xullo. Unha proposta coa que colabora o concello, que quedara en standby logo da pandemia.
O día grande, domingo 13 de xullo, como sempre, terá como prato principal os callos. Trixésimo terceira edición xa dunha cita que é para moitos o gran reclamo desta programación.
Ese mesmo día á mañá terá lugar a décima ruta BTT Festa dos Callos liderada polo Club Ciclista Armenteira e Punto. Este ano vai ser unha proba federada.
O deporte, precisamente, abrirá tamén a programación este 28 de xuño.
E a todo isto, hai que engadir distintas propostas infantís e animación musical con charangas e orquestras do máis variado. Por Meis van pasar La banda de Ayer, New York, América SL, Fania Blanco Show e a Capitol, que pecha o programa.











