O parricida de Moraña enviou dúas cartas anunciando o crime e o intento de suicidio

    MORAÑA> Dende onte coñécese o contido das dúas cartas que o parricida de Moraña enviou a unha curmá e á súa parella antes de cometer o dobre crime. Segundo adiantou onte a cadea Telecinco, nas misivas David Oubel recollía a súa intención de matar ás súas fillas e despois suicidarse. Tamén aproveitou para repartir algúns dos seus bens.

     

    Sabíase que antes de asasinar as súas fillas, o parricida de Moraña enviara dúas cartas. Pero ata onte descoñecíase o contido das dúas misivas que por correo certificado recibiran a súa curmá e o seu mozo.

    “Ao final a presión venceume, levo comigo parte do que máis quero”. Deste xeito, David Oubel comunicaba á súa parella a súa intención de matar as nenas para despois suicidarse.  Segundo adiantaba onte Telecinco, nas cartas o parricida tamén aproveita para repartir algúns dos seus bens. Ao seu mozo concedeulle a titularidade dos seus cans, ademais de regalarlle o seu teléfono móbil, un colchón e informarlle da súa intención de pór ao seu nome os plans de pensións.

    Na carta que enviou á súa curmá, Oubel asegura que xa non aguanta máis. Dálle as grazas polo seu apoio, e pídelle que non haxa dolos por el nin falsa hipocrisía. Tamén lle comunica a súa intención de regalarlle o coche e todo o que ela queira da casa. “Non te preguntes por que non o viste vir”, dille, “recorda que son moi bo actor”.

    Segundo informou Telecinco, a curmá de Oubel declarou ante a Garda Civil que, ao recibir a carta, correu ata a casa do parricida. Atopou as portas pechadas, e seu fillo tivo que romper un cristal para poder entrar. Alí atopou as nenas mortas e cubertas cunha manta, e a Oubel pechado no baño.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/08/carta_suicidio_parricida_morana.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/08/carta_suicidio_parricida_morana.mp4{/flowplayer}