O xulgado de Caldas reforza a súa seguridade cun sistema de videovixilancia

CALDAS> O xulgado de Caldas reforza as súas medidas de seguridade. A Xunta instalou un sistema de vixilancia en varias estancias do inmoble. A medida forma parte dun plan de seguridade impulsado polo goberno galego para que se van destinar 200.000.

Para garanti-la seguridade dos xulgados galegos, a Xunta está a implementar sistemas de videovixilancia en tódolos partidos xudicias.

O reforzo das medidas de seguridade comezou nos xulgados das principais cidades, onde se substituíron os vellos sistemas por uns máis avanzados . Agora, nunha segunda fase, esténdese a partidos xudiciais de menores dimensións, como é o caso do de Caldas.

O incremento da seguridade inclúe outras medidas que tamén se irán poñendo en marcha nos vindeiros meses.

En total, este proxecto do executivo galego rolda os 200.000 euros. Para o edificio xudicial caldense destinaranse 12.000.

Alí, na Coruña, as imaxes son recibidas nunha sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde a Garda Civil traballa as 24 horas ó día tódolos días do ano.