A mobilización anual contra ENCE tamén marchará contra a instalación de Altri

PONTEVEDRA> A loita contra Altri irrompe na mobilización anual contra ENCE que a Asociación Pola Defensa da Ría organiza en Pontevedra. Este ano uniranse as Plataformas en Defensa da Ría de Arousa e Ulloa Viva. Os tres colectivos queren unir as súas voces na mobilización do vindeiro 1 de xuño. Será baixo o lema ‘nin ENCE na ría. Nin Altri na Ulloa. Celulosas fóra’.

A Asociación pola Defensa da Ría, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e a Plataforma Ulloa Viva unirán as súas forzas en Pontevedra. Será o vindeiro 1 de xuño baixo o lema ‘Nin ENCE na ría. Nin Altri na Ulloa. Celulosas fóra’.

A mobilización sairá ás 12 do mediodía das Alamedas de Marín e de Pontevedra. Agárdase que sexa masiva para evitar que Altri replique no Ulla e na ría de Arousa o impacto que tivo e está a ter ENCE na ría de Pontevedra.

Dende a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa insisten: a instalación de Altri en Palas de Reis suporía a destrución do sector marisqueiro da ría arousá e dos milleiros de empregos directos e indirectos que dependen desta actividade. Unha decisión na que ven unha aposta clara da Xunta por un cambio de modelo produtivo.

A mobilización terá tamén o seu toque festivo. Rematará cun xantar popular e varios concertos na Alameda de Pontevedra.