Fole acusa ó goberno local de improvisar na crise das riadas

    folenopleno_100_290107.jpgVILAGARCÍA > O portavoz do PP, Tomás Fole, criticou que no último pleno o equipo de goberno non aclarase a súa xestión

    …. durante as enchentes de novembro. Os populares sospeitan, xa que logo, que moitas das medidas adoptadas polo goberno local entón, foron improvisadas.

    bombeoaugavilagarcia_200_290107.jpgO portavoz do PP, Tomás Fole, presentou unha batería de preguntas sobre as riadas para ser contestadas en pleno o pasado xoves. Cuestións sobre o número de solicitudes de axudas presentadas, ou sobre cando e como se convocou naqueles días ó gabinete de crises. Sen embargo, o alcalde Javier Gago dixo non poder contestalas porque eran de carácter técnico. Ante isto, os populares afirman que se despois de dous meses o grupo de goberno non sabe responder a estas cuestións está claro que tampouco soubo como xestionar a crise.

    Para Fole, a única razón para evadir a resposta a estas preguntas feitas no pleno e pospoñer a contestación ata febreiro, é que houbo improvisación e unha nefasta xestión realizada polo equipo de goberno durante as inundacións. O portavoz popular cre que debería de ser o propio goberno local o que tomase a iniciativa de explicar á sociedade de Vilagarcía a súa xestión nesa crise. Por iso, explica que o único obxectivo das súas preguntas no pleno e as súas solicitudes de intervención é que os veciños saiban por que os efectos desas chuvias foron os que foron, así como a preparación do Concello ante estas situacións.

    Redacción Salnés