MEIS> Concentración de apoio en Meis a Bea Heyder, a veciña da localide que acolle na súa casa a máis dunha trintena de animais, a meirande parte cans. Ela asegura que ningún deles é perigoso e que a súa situación está amparada pola lei. Pídelle ós veciños que teñan paciencia, porque–segundo di- xa se puxo a buscar un novo lugar onde te-los animais. Iso si, ten claro que non pensa marchar de Meis.
Unha vintena de veciños e varias mascotas acompañaron esta mañá a Bea Heyder. A muller dá acollida na súa casa a animais rescatados, enfermos ou en perigo. Agora mesmo ten case 30 cans e catro cabalos, algo que molesta ó resto de veciños da zona. Ela deféndese: di que se sente apoiada pola xente e pide ós veciños que sexan pacientes, que vai buscar un novo lugar onde te-los animais.
Bea tamén defende ós seus animais. Asegura que non son perigosos e que nunca lle fixeron dano a ningún veciño. Tamén defende a súa situación legal. Insiste en que vai buscar outro lugar no que vivir, pero advirte: de Meis non ten pensado marchar.
Bea explica que se sente acosada por algúns dos veciños. Con todo, di non temer polos seus animais porque, explica, nunca lle fixeron dano a ningún.