O PP ribeirés aproba os orzamentos cos votos en contra de toda a oposición

    plenoribeira_100_300107.jpgRIBEIRA > O pleno aprobou os orzamentos de xeito inicial, unicamente cos votos a favor do PP.

    A discusión do segundo punto da orde do día, a dos presupostos, centrou a atención do pleno celebrado pola corporación ribeiresa. O debate dos orzamentos foi bastante intenso e prolongado e comezou coa intervención do portavoz socialista. Xosé Vicente Domínguez criticou a inclusión no capítulo de novas partidas para o acondicionamento do actual mercado municipal. Segundo el o executivo debería buscarlle unha solución definitiva a este problema coa construción dunha nova praza de abastos en vez de investir máis cartos no actual edificio. Xosé Vicente Domínguez fixo alusión tamén ó derroche económico en proxectos e estudos técnicos.

    A segunda intervención neste debate orzamentario correspondeulle á portavoz de IPdeR, Rosa García Pose. A edil de Iniciativa Progresista de Ribeira iniciou o seu discurso facendo unha comparativa con anteriores presupostos. Segundo ela hai unha total similitude, sendo un relatorio de ingresos e gastos.

    Pola súa banda a portavoz do BNG de Ribeira, Dominga Brión, sinalou tamén que os orzamentos deste ano son totalmente continuistas, reflectindo a liña política de quen os elabora. Neste sentido aludiu tamén a que se dedica este ano unha partida importante a investimentos para realizar obras que non se fixeron anteriormente.

    O concelleiro de Facenda, Antonio Teira, foi o encargado de rebater tódolos argumentos dos grupos da oposición. Na súa intervención destacou que se tratan duns presupostos históricos e que son froito do bo labor de xestión realizada polo Partido Popular no goberno do concello. No capítulo de ingresos fixo referencia ó importante incremento dos impostos directos e indirectos.

    Redacción Barbanza